O Carballiño CCA celebra o Día da Nai con 3 vales de compra de 50 € e unha emotiva campaña na rúa

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Carballiño, abril de 2024. O Centro Comercial Aberto (CCA) do Carballiño pon en marcha unha nova campaña para conmemorar o Día da Nai, baixo o lema “Este Día da Nai… en O Carballiño regalamos algo máis ca un agasallo”. A iniciativa, que busca incentivar as compras de proximidade, estará activa do 15 de abril ao 3 de maio.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Sorteo de vales e participación
Durante este período, todos aqueles que realicen as súas compras nos establecementos asociados recibirán unha papeleta por cada compra. Con ela, os clientes poderán participar no sorteo de 3 vales de compra de 50 € cada un, unha forma perfecta de premiar a fidelidade dos veciños e veciñas e de facilitar os agasallos nesta data tan sinalada.

Saímos á rúa para celebrar o amor de nai
Ademais do sorteo, a campaña ten un compoñente moi especial e participativo. O CCA sairá á rúa para recoller mensaxes, emocións e moitos bicos para mamá. Trátase dunha acción para involucrar a toda a veciñanza e lembrar que os agasallos máis valiosos son os que levan sentimento.

Desde a organización destacan que esta campaña é unha oportunidade perfecta para atopar o agasallo ideal nos establecementos locais. E é que, como sinala o propio lema da iniciativa: “Porque mercar no comercio local… tamén é dicir quérote”.

Carballiño CCA convida a toda a cidadanía a participar activamente nesta campaña, demostrando que o apoio ao tecido comercial da vila é, en si mesmo, un gran agasallo para todos.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------