Comezan as obras de mellora da drenaxe e do céspede en Espiñedo

IES CHAMOSO LAMAS

As obras de mellora do campo de Espiñedo xa están en marcha. O Concello do Carballiño destinará un investimento de 186.622 euros a desenvolver estes traballos contando cunha axuda económica aportada pola Deputación de Ourense.

O proxecto a desenvolver terá como eixes principais de actuación o cambio do céspede, a renovación e mellora da drenaxe do terreo de xogo e un novo sistema de rego para o campo de fútbol. Contará cun céspede de calidade e o sistema de rego, con 35 aspersores, fronte aos 28 que figuraban no proxecto que se sacou a concurso.

HIPER MASIDE

E falamos agora da próxima tempada. A Real Federación xa anunciou como quedou a división de grupos, confirmando que o C.D. Arenteiro estará no grupo 1, competindo cos grupos de Asturias, Cantabria e Castela e León, sen viaxar neste caso a Madrid.

Tamén informamos hoxe dunha nova fichaxe, Antón Escobar, de Nigrán, adestrouse nas canteiras do R.C. Celta de Vigo, dando salto a 3ª división co C.D. Choco. Será na temporada 18/19 na cal fichou polo C.D. Lugo B (Polvorín). Seguiu no C.D. Lugo ata a temporada anterior, onde pasará á plantilla do Bergantiños F.C.