A Xunta colabora cos concellos de Leiro e Boborás en traballos de mellora de abastecemento

IES CHAMOSO LAMAS

O Consello da Xunta autorizou hoxe o convenio de colaboración co Concello de Leiro e co Concello de Boborás para a mellora do sistema de abastecemento, que suporá un investimento de 360.000 euros. Trátase de executar a renovación de tubaxe desde Pazos de Arenteiro, no municipio de Boborás, á estación de tratamento de auga potable de Leiro, co obxectivo de resolver os frecuentes problemas de funcionamento que se veñen producindo neste treito de condución que abastece a potabilizadora e o depósito do municipio de Leiro.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, cofinanciará a actuación nun 80% e os concellos de Leiro e de Boborás asumen a realización das xestións pertinentes para posibilitar a execución das obras, así como a recepción, posta en servizo, mantemento, explotación e conservación das actuacións.

O CAMPO DA FEIRA NON SE PECHA

E tamén o Consello da Xunta autorizou hoxe a sinatura dun convenio de colaboración co Concello de Boborás para a execución das obras de mellora das redes municipais de abastecemento, saneamento e pluviais no núcleo de Brués, que suporán un investimento de 385.000 euros.


VIDEO SPOT BOBORÁS en BADAL TV


VIDEO SPOT LEIRO en BADAL TV

CONCELLO DE LEIRO