Ribeiro en Común esixe Reclamación

Ribeiro en Común esixe que o Concello reclame inmediatamente a garantía á empresa adxudicataria para proceder ao arranxo do campo do Xestal. Denunciamos que o campo do xestal foi recepcionado polo Concello en mal estado, xa que recén inaugurado o terreo de xogo atopase nunha situación lamentable.

Non imos permitir que o Concello faga seguidismo da Deputación nin haxa complicidades coa empresa, xa que estamos a falar dunha obra de máis de 350,000 euros.

AVANTAR ACTIVIDADES

O terreo de Xogo do Xestal recentemente inaugurado tras unha obra de 350.000 euros, e cunha duración que triplicou os prazos, atopase nun estado lamentable. A súa mala situación xa fora denunciado polo noso grupo, despois de recibir queixas de varios usuarios, pero a situación lonxe de arranxarse foi a peor.

Ribeiro en Común reclamou desde o principio do proceso que houbera supervisión e control da obra por parte do goberno e do Alcalde, pero no lugar de manter preocupación e facer seguimento deixaron que a empresa actuara sen supervisión nin política nin dos técnicos municipais.

O Alcalde tivo que recoñecer na última xuntanza do Consello Municipal de Deportes que existen erros no campo pero pedindo tempo coa esperanza de que se solucionarían sós. Esta semana ven de comprobarse que os erros son dun maior calado do que o goberno pretendía recoñecer. Así, técnicos consultados polo noso grupo non descartan que haxa que volver a levantar o terreo de xogo e renovar a capa de area existente por debaixo da herba sintética. A hipótese máis probable que se baralla é que a area empregada neste campo non fora a máis acaida para este uso.

O noso grupo pide transparencia ao respecto, xa que levamos meses reclamando a elaboración de informes técnicos por parte do departamento de urbanismo e do servizo municipal de deportes que o Alcalde negase a encargar.

Neste sentido, Ribeiro en Común esíxelle ao goberno que defenda os intereses do Concello na obra do campo do Xestal e non ampare os erros da empresa, polo que esiximos que se realice unha reclamación ao respecto por ser o Concello parte agraviada.