A Policía puxo nove multas por saltarse o toque de queda e por alcoholemia a fin de semana

O pasado venres, o comité clínico rebaixaba as medidas restritivas no Carballiño, que pasaba do nivel tres de alerta ó nivel dous. Esto permitiu que se reestablecera a mobilidade e a hostalaría puidera volver abrir. A parte negativa desta apertura chegou na fin de semana. A Policía Local centrouse no control do cumprimento do toque de queda, nos aforos dos locais e nas festas privadas. O pasado sábado a Policía interpuña nove multas por saltarse o toque de queda no casco urbano a altas horas da madrugada e tres máis por alcoholemia. Esta fin de semana, as autoridades manterán o control destas medidas.

Publicidade