O grupo provincial socialista esixe do presidente da Deputación que aclare se aproba que o centro de discapacidade de Ourense non teña xestión pública directa

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

No Pleno da corporación provincial do pasado 20 de decembro todos os grupos, incluído o PP, votaron a favor “da xestión pública e directa” do futuro Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD).

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

“Non podemos permitir que o noso CAPD sexa o único de Galicia que non funcione con persoal público, directamente dependente da Xunta”, subliña o voceiro socialista na Deputación, Álvaro Vila.

Segundo Vila, “non podemos permitir que o CAPD de Ourense sexa o único dos galegos que non funcione con persoal público, dependente directamente da Xunta”.

Ourense, 27 de decembro de 2024. O Grupo Provincial Socialista esixe que o grupo de goberno do PP na Deputación clarifique a súa posición con respecto a que o centro de discapacidade de Ourense sexa o único sen xestión pública directa de toda Galicia, tal e como anunciou a conselleira de Política Social da Xunta, Fabiola García.

“Non entendemos o sentido da decisión, nin o silencio do PP provincial, xa que no Pleno de hai uns días absolutamente todos os grupos con representación na corporación provincial apoiamos unha iniciativa para ratificar a xestión pública e directa do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Ourense”, subliña Álvaro Vila, voceiro socialista.

A Moción subscrita o pasado 20 de febreiro por PP, PSdeG-PSOE, BNG e DO aliñábase “co desexo expresado pola sociedade ourensá, en xeral, e polas familias das usuarias e usuarios (do CAPD), en particular”. O presidente da Deputación, Luís Menor, quen tamén é o máximo responsable do PP na provincia de Ourense, fixo fincapé na necesidade que “o Centro teña unha xestión pública e directa (…) por coherencia co que ocorre no resto de Galicia”.

Segundo Vila, “non podemos permitir que o CAPD de Ourense sexa o único dos galegos que non funcione con persoal público, dependente directamente da Xunta”.

“A decisión de externalizar a xestión do Centro vai contra as demandas das Plataforma ProCAPD e tamén contra o compromiso asinado en 2016 por todos os partidos para a construción do centro e a súa xestión pública directa”, conclúe Vila, quen agarda que o presidente da Deputación aclare a posición do PP de Ourense ao respecto.

O Grupo Provincial Socialista anuncia a adopción de eventuais iniciativas medidas para evitar que a xestión do CAPD recaia en mans privadas, amosando a súa total solidariedade coa Plataforma ProCAPD. “Estamos á total disposición das familias de afectadas e afectados, e seguiremos traballando e loitando ao seu carón ata que consigamos un Centro que cubra as necesidades da provincia”, conclúe Vila.