Obradoiro de Clown organizado por Tiruleque Teatro

Tiruleque, Grupo de Teatro comeza o sábado 5 de marzo (e remata o domingo 6) un Obradoiro de Clown dunhas 14 horas aproximadamente, da man do grande Antón Coucheiro. Ábrese a inscrición para a xente allea a Tiruleque, pero soamente quedan dúas prazas libres. Os que estean interesados poden poñerse en contacto con Tiruleque a través do teléfono 617 35 44 56 ou do correo-e tiruleque@galicia.com e facernos chegar os seus datos, xunto co xustificante de ter ingresado o importe do curso (50 €) na conta ES94 3070 0039 0660 2976 6513.

O espazo no que se desenvolverá o curso será no Salón de Actos do Casino do Carballiño, na rúa Tomás María Mosquera 6 do Carballiño, de 10:30 a 14 horas e de 16 a 19:30 horas, nos dous días indicado.

AVANTAR ACTIVIDADES

Soamente quedan dúas prazas libres, polo que a orde de inscrición virá dada pola data do ingreso na conta bancaria, tendo amais preferencia os membros da Federación Galega de Teatro Afeccionado; así pois, se non sodes socios aproveitade e dádevos de alta, que hai moitas vantaxes pertencendo á FEGATEA.