A Garda Civil detecta unha incidencia maior de animais salvaxes nas vías de comunicación.

Puidese ser que a corentena no ámbito da recente crise sanitaria contribuíse, pola menor presenza do home na contorna, a que determinadas especies ocupasen novos espazos

Tendo en conta que a circulación chegou a baixar nun 95%; o reconto e rexistro de atropelos desde o inicio do Estado de Alarma dá conta do volume de movemento das distintas especies, coa circunstancia engadida de que unha gran parte de sinistros e avistamentos tiveron lugar en espazos nos que anteriormente non viña constatando a presenza de moitas delas.
Dentro das especies cinexéticas, o animal máis habitual e cuantitativamente máis presente en atropelos, veu sendo o Xabaril con 106 casos de atropelos rexistrados na provincia desde o inicia do Estado de Alarma, as irrupcións destes animais denotan un achegamento inusual a núcleos urbanos.
Á especie anteriormente mencionada séguelle moi de preto, no tocante a atropelos, o corzo con 69 casos de atropelos constatados nas vías ourensás. Raposos, coellos, lebres e mesmo un teixugo virían completar a lista de animais salvaxes cuxas irrupcións na vía contribuíron a causar sinistros viarios.

AVANTAR ACTIVIDADES

Constatouse recentemente un atropelo a un lobo á altura do punto quilométrico 120 da A-52. Respecto as dimensións do animal, de maior alza que un pastor alemán común, puidese tratarse dun exemplar pertencente a algunha manda constatada recentemente en terras zamoranas podendo ser desterrado da mesma por exemplares máis novos, ou ben que ampliase o seu territorio. Desde 2014 rexistráronse 10 atropelos a lobos, o tres máis recentes tiveron lugar en N-525 e A-52 en puntos moi próximos á comunidade de Zamora e outros 2 nun radio próximo a terras de Trives, Con todo ningún destes 10 exemplares alcanzaba as dimensións deste último.
A Garda Civil quere trasladar as seguintes recomendacións:
É necesaria unha condución preventiva e consciente, e un básico coñecemento dos comportamentos animais.
Cabras montesas, cervos e jabalíes son animais que se desprazan preferentemente no atardecer ou xa de noite. Na maioría dos casos as nais coas súas crías pero tamén grupos enteiros. De aí un primeiro dato: cando vexamos un primeiro corzo ou un primeiro xabaril, podemos esperar que lle sigan un segundo, un terceiro, tras o animal que vai na cabeza.
As zonas de caza son outro dos puntos críticos en que debemos extremar a nosa atención pois hai desprazamentos importantes de animais, durante o momento da caza (domingos tarde) e despois, co retorno dos animais ao seu territorio (os luns).
Se o impacto é inevitable “é preferible un choque controlado que unha manobra de evasión incontrolada”, en caso de irrupción do animal desde unha marxe da calzada non realizar unha manobra evasiva brusca, se se dispón de ABS a freada debe ser firme e sostida, pola contra deberá ser suave e acorde ao trazado mantido coa dirección para evitar unha derrapaxe non desexada.
Se o atropelo non puido ser evitado:
Hai que deterse onde non obstaculicemos e acender as luces de emerxencia, poñerse o chaleco reflector e asegurar a zona co correspondente triángulo de avaría. Se o animal fuxiu, marcaremos a zona do accidente, tanto sexa un animal silvestre como doméstico, avisaremos de inmediato ao 112 ou á Garda Civil ou á policía. Se o animal está morto e hai que movelo, sempre agarraremos polas patas posteriores.
Se o animal está ferido, moito coidado. Se é un animal silvestre, non debemos achegarnos: a proximidade das persoas agrava a súa tensión, dor e angustia, e pode reaccionar con agresividade. Debe facelo un especialista.