A parroquia de Garabás, no concello de Maside, acollerá mañá xoves, xornada festival polo día de Galicia, a celebración dunha nova edición da Festa do Chuletón, que xa alcanza a número 24. Todos os asistentes poderán degustar esta exquisita carne, con cada chuletón de 650 gramos, patacas, pementos, pan e viño.
Mentres se desenvolve o xantar gozarán da actuación dun grupo musical.
Este xantar so se sirve baixo reserva, e o prazo de venta de tickets xa rematou esta semana. Preto dunha trintena de veciños son os encargados da organización, que resulta todo un éxito, e que ano tras ano acolle a un número maior de persoas.
A festa desenvólvese precisamente nunha parroquia na que antes había moitos tratantes de gando, que se dedicaban a mercar animais en diferentes aldeas ben para sacrificalos ou vendelos en feiras nunha ampla zona onde adoitaban traballar.