A Deputación aproba a concesión de 187.000 euros para a renovación do Espiñedo

A  Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida esta mañá por vía telemática baixo a presidencia de Manuel Baltar, aprobou a concesión de máis de 260.000 euros en axudas para cooperación cos concellos e deporte. 

A relación de asuntos tratados complétase coa incorporación ao Plan Adicional do Plan provincial de Cooperación ás obras e servizos municipais e da rede viaria provincial dunha obra no municipio do Carballiño. Trátase dun tramo da rede de sumidoiros do núcleo de Bagarelas, traballos valorados en algo máis de 1.500 euros que serán financiados exclusivamente con cargo ás arcas municipais.

AVANTAR ACTIVIDADES

Polo que respecta á cooperación cos concellos, na orde do día da sesión figuraba unha axuda de preto de 187.000 euros ao Concello do Carballiño para a renovación das instalacións do campo de fútbol de Espiñedo.