Presentación do Partido Galego

Este sábadoi foi dada a coñecer unha nova formación política galega.

Este pasado sábado ás 12h presentouse na Casa de Cultura de Melide unha nova forza política. A data e o lugar elixidos non foron casuais, pois decembro é un mes de referencia histórica para a política galega, tanto por ser o mes do nacemento do Partido Galeguista do ano 31 como por ser o lugar e mes da celebración hai 500 anos da Asemblea de Melide.

AVANTAR ACTIVIDADES

No día de hoxe deuse a coñecer a marca corporativa, a liña ideolóxica e os obxectivos políticos.

Este partido enmárcase nas coordenadas do galeguismo, da moderación, nas políticas identitarias de Galicia, nomeadamente do rural, e no equilibrio medioambiental.

Tamén se deu a coñecer a composición dos órganos de dirección que conducirán ao Partido ata á celebración do seu Congreso Constituínte.

Membros da Comisión Permanente.

Presidencia                              XOSE MOSQUERA CASERO Portavoz                                  MAXIMINO VAZQUEZ SALVADO

Área de Coordinación            XESUS ARES GOMEZ

Área de Organización            OSCAR DAVID CASAIS MONTEMUIÑO

Área de Finanzas                     Mª MONTSERRAT ALMOZARA CORDEIRO

Área Municipal                        XABIER VÁZQUEZ GARCIA

Área de Empresas                   JOSE ANTONIO DIAZ RODRIGUEZ

Área de Autónomos               PAULA Mª REY GOMEZ

Área de Emprego                    ANXO MANUEL FRANCO VIDAL

Área de Medio Ambiente      RUBÉN VILLASENIN IGLESIAS

Área de Comunicación           CRISTINA BARCIA BARCIA

Área de Medio Rural              XABIER PINTOS PENA

Área Web e deseño tec.         XABIER FONTAÍÑA FALQUE