Patin Axel e Condado, primeiros gañadores da copa galega de grupos show 2021 que se celebra en o Carbaliño

O club de Arteixo gañou en cuartetos e o de Salvaterra en categoría júnior

a Copa Galega de grupos show do ano 2021 viviu a primeira das súas tres xornadas no pavillón Paco Chao de O Carballiño ca celebración das categorías júnior e de cuartetos. En júnior o CPA Condado foi o primeiro clasificado ca súa coreografía <Unidade 630), superando ó Ribex de Tui, que foi segundo con <Culpable> e o Campus Stellae compostelán que completou o podio con Hubieras sido tú.

AVANTAR ACTIVIDADES

Na categoría de cuartetos, <Renacer> do Patín Axel, de Arteixo, levouse a mellor puntuación do xurado e polo tanto impuxose na categoría por diante de <Tentación> do Club Alquimia de Carral, que a súa vez superou a <Querido Abuelo> do CP Ribeira, que foi terceiro.

O evento celebrouse ó longo de toda a xornada no pavillón carballiñés baixo a organización da Federación Galega de Patinaxe e o Club Aehde O Carballiño, que retransmitiu en directo o campionato a través da súa canle de YouTube, onde tamén se poderá seguir o sábado o Campionato de Segunda categoria de grupos pequenos nos que participarán os anfitrións do Club Aehde. Pola mañá terán lugar os adestramentos, dende as dez, e a competición dende as cinco da tarde.