Outro roubo en estado de alarma no Carballiño

Esta noite sobre as 03:00 h houbo un roubo no estanco situado na esquina das rúas Astureses e Venezuela.

Publicidade

Forzaron a porta situada na rúa Astureses e aínda que alarma do negocio sonou, deulle tempo aos ladróns de apoderarse dalgún material. Escaparon rápidamente nun coche cara a avenida do Parque segundo manifestou un veciño.

O valor do material roubado e os danos ocasionados ascende a uns 1500,00 € aproximadamente.