O programa “Fga nas aulas de primaria” comezou este martes 16 de xaneiro no Cpi Xanceda, en Mesía (A Coruña)

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Federación Galega de Automobilismo (FGA) comezou este martes 16 de xaneiro ás 11:30 horas o programa “FGA nas Aulas de Primaria”, que nesta primeira parada visitará o CPI Xanceda, en Mesía (A Coruña).

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Este programa de charlas sobre automobilismo, que contará coa colaboración de GADIS, procurará achegar este deporte aos máis xóvenes da casa mediante unha introducción de aspectos clave e a participación dun invitado, neste caso Diego García.

Diego García, ademáis de piloto becado pola FGA na tempada 2024 para competir na Sandero ECO Cup Galicia 2024 é o Campión de Galicia de Autocross na modalidade júnior e foi o gañador da derradeira proba puntuable para o Campionato de Europa disputada en Mollerusa.

Desta forma os estudantes do centro escolar coruñés terán unha aproximación a un deporte que conta con máis de 2.200 federados en Galicia e observar de primeira man como é unha proba deportiva e un vehículo competición, xa que estará exposto o Carcross LifeLive co que Diego García foi campión autonómico ademais dun Seat Léon Supercopa.

Ademáis, estos alumnos serán os primeiros en participar no concurso de debuxo posto en marcha pola FGA neste curso 23/24. Este certame transformará en real o deseño que saia das mans dos estudantes participantes no programa “FGA nas Aulas de Primaria”. O vehículo escollido é o Renault Clio Rally5 que pilotarán esta tempada Álvaro Castro Laíño e Isidro Rey.

Sobre o programa “FGA nas Aulas”

O ciclo de charlas “FGA nas Aulas” deu comezo no ano 2023 en varios centros de Formación profesional da comunidade galega. A través de coloquios e exposicións de vehículos de competición, os estudantes viron saídas profesionais no mundo do motor, con ponentes de distintos ámbitos.

No ano 2024, o ciclo “FGA nas Aulas” terá continuidade nos centros de FP de Galicia e engádese o programa “FGA nas Aulas de Primaria” cun compoñente máis lúdico e introductorio ao mundo do motor.

Lugar : CPI Xanceda.

Localización : Lugar Corrillos, s/n, 15685 Mesía, A Coruña.

Día e hora: Martes 16 de xaneiro de 2024, ás 11:30 horas.