Maceda sen auga de traída en condicións sanitarias nos meses e agosto

A auga da traída estivo saíndo turbia nas vivendas e negocios de Maceda desde case que a principios do mes de xullo sen que o alcalde obrigase á empresa distribuidora, GESECO, a corrixir o problema a pesares de que foron varias as persoas que lle pediron unha solución. Foron moitos os días nos que a turbidez era ten grande que só servía para utilizar no retrete pero non para o aseo persoal e moito menos para lavar verduras e outros alimentos.

Compromiso por Maceda pídelle ó alcalde que lle esixa á empresa distribuidora da auga, GESECO, un informe detallado das causas polas que durante máis dun mes os veciños e veciñas de Maceda non puideron  utilizar unha auga que saía turbia e en ocasións con marcado fedor, sendo un posible risco para a saúde dos que se atreveran a consumila. Así mesmo esixímoslle ó señor alcalde que busque una solución para que non se volva repetir este problema. Non nos sirve a desculpa de que houbo un consumo excesivo de auga porque ese non é o motivo.

AVANTAR ACTIVIDADES

No verán pasado xa sufrimos este problema, sen que o alcalde fixera nada para buscarlle solución, pero este ano foron moitos máis os días nos que a auga de traída non se puido utilizar.

Haberá que ter en conta a mala calidade da auga que nos subministra GESECO cando finalice no ano que ben a concesión actual.