Cine Club Carballiño proxecta “Urchin” o venres e “Mulhollande Drive”, de David Lynch, o domingo

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Cine Club Carballiño retoma a súa actividade despois do parón vacacional da Semana Santa, neste caso con programación dobre. O venres, día 10, proxectarase a película británica “Urchin”, debut tra-la cámara do actor Harris Dickinson. Nas rúas de Londres, Mike, un rapaz sen fogar, loita por sobrevivir mentres enfronta o seu pasado e busca unha saída a súa situación. A súa vida transcorre entre a marxinalidade e breves destelos de esperanza. A medida que se adentra nun camiño de autodescubrimento, xorden oportunidades inesperadas que poderían marcar un novo comezo.

Este flilme gañou o premio FIPRESCI no Festival de Cannes e o seu actor principal, Frank Dillane,  o de mellor actor na sección ‘Un certain regard’. Os pases de proxección serán no Auditorio Manuel María, ás 20,00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22,30 horas en VOS. 

E o domingo, día 12, tamén no Auditorio do Carballiño, ás 19,00 horas en VOS, Cine Club proxecta “Mulholland Drive”, a última película do ciclo adicado a David Lynch, unha intriga psicolóxica coa  que gañou o premio ao mellor director no Festival de Cannes e estivo nominado ao Oscar á mellor dirección. Betty Elms (Naomi Watts), unha xove aspirante a actriz, chega a Los Ángeles para converterse en estrela de cine e alóxase no apartamento da súa tía. Alí coñece á enigmática Rita (Laura Harring), unha muller que padece amnesia a causa dun accidente sufrido en Mulholland Drive. As dúas xuntas deciden investigar quen é Rita e como chegou ata alí.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------