O domingo (día 11): IX Festa dos Callos do Concello de Piñor

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

IX FESTA DOS CALLOS DO CONCELLO DE PIÑOR

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O vindeiro domingo 11 de outubro de 2026 (segundo domingo de outubro), a Praza do Arenteiro acollerá a novena edición da Festa dos Callos do Concello de Piñor. Esta xuntanza gastronómica, que xa é unha cita fixa no calendario de eventos municipais, promete repetir o éxito das edicións anteriores.

Programación do evento:

  • 10:00 h: Saída da Caravana de Motos dende O Arenteiro. A ruta percorrerá a zona, cunha parada a metade de recorrido con pinchos, e regresará para o xantar.
  • Durante o xantar: Exposición das motos participantes no aparcadoiro a carón da festa.
  • Actividades paralelas: Haberá hinchables para os máis cativos e actuación musical.
  • 14:00 h: Xantar (Comida popular) na Praza do Arenteiro.

Menú e Prezo:
O menú está composto por: empanada, lacón, CALLOS, postre, viño, auga, refrescos, café e chupitos.

  • Prezo: 25 € por persoa.
  • Nota: Os menores de 10 anos entran gratis con entrada infantil.

Venda de Entradas:
É imprescindible adquirir a entrada con antelación, xa que non se venderán o mesmo día do evento por motivos de organización. O prazo para compralas remata o 7 de outubro de 2026.
Os puntos de venda son:

  • Concello de Piñor
  • Restaurante Hostal Ateneo (O Reino)
  • Gasolinera Ateneo (O Reino)
  • Farmacia Piñor
  • Bar O Refugio (Cotelas)
  • Café-Bar O Peilán

Inscrición para a Ruta de Motos:
Os participantes na ruta de motos tamén deben comprar a súa entrada e, ademais, cubrir un formulario de inscrición facilitado pola organización ou a través da seguinte ligazón: https://forms.gle/tHy5VQa7KChijXh27

Dende a organización agardan que esta edición sexa un éxito como as anteriores e que siga sumando participantes.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------