A Xunta endosa á “forza bruta” aos ourensáns a intermodal colocando dous pendellos para a “demolición exprés” da estacion de autobuses antes de rematar a nova

Natalia González, denuncia que as dúas “marquesiñas abertas” provocarán que os veciños e as veciñas teñan que espera á “intemperie” polo “capricho de Feijóo e de Ethel Vázquez”

Publicidade

Os socialistas consideran “de escasa catadura democrática” que o goberno galego “estea a aproveitarse” do “problema de saúde pública” para impulsar actuacións urbanísticas de “dubidosa legalidade”

AUDIO

VIDEO

O PSdeG-PSOE de Ourense denuncia que a Xunta de Galicia coloca dous novos “pendellos provisonais” como marquesiñas para proceder ao “derribo exprés” da actual estación e autobuses  antes de rematar as obras da nova, como sí acontece co resto de estacións de estacións en obras de Galicia en Santiago e Vigo; co único fin de “endosar aos ourensáns, á forza bruta, a chapuza do PP co proxecto de estación intermodal” que é “prexudicial para o futuro da cidade” e que “ninguén quere”. Así o explicou a vicevoceira socialista, Natalia González, quen denunciou que a colocación das dúas “marquesiñas abertas”, entre os barrios do Pino e a Ponte, vai provocar que os veciños e as veciñas que fagan uso do transporte de autobuses “teñan que permanecer á intemperie” durante todo o inverno mentres esperen sen contar cunhas instalacións dignas nin poder facer uso do edificio actual “polo único capricho” de Feijóo e a súa conselleira de infraestruturas, Ethel Vázquez.

A Xunta de Galicia está a empregar a actual situación de alerta sanitaria para “imponer pola porta traseira” e “á forza” o proxecto de estación de autobuses que ninguén quere en Ourense co “derribo exprés” do edificio da actual estación se estar rematado o novo. E coa instalación dunhas marquesinas “pendello” que non farán outra cousa que agravar os problemas, máis ainda coa climatoloxía do inverno en Galicia facendo que os centos de usuarios que fan uso do servizo teñan que esperar hacinados e sen cumplir as medidas de seguridad actuáis.

Os socialistas consideran “inadmisible” e “de escasa catadura democrática” que o goberno galego “estea a aproveitarse” deste problema de saúde pública” para impulsar actuacións urbanísticas de dubidosa legalidade, como o derrubamento da actual terminal de autobuses co único fin de “endosar definitivamente un novo edificio prexudicial para a cidade”. A demolición exprés foi anunciada fai uns meses pola Xunta e obtivo a licenza para a súa demolición por parte de Concello e Ourense na xunta de goberno local do pasado mércores o que “axilizaría os trámites” e deixaría aos Ourensáns carentes de servizo por un “capricho” de Alberto Núñez Feijóo e de Ethel Vázquez.

 “Queren tirar a estación ás presas, aínda que ese solar despois quede baleiro durante moito tempo, co fin electoralista de consolidar como única alternativa posible o proxecto do PP de escasa ambición que, para colmo, afumará con 300 autobuses ó día o centro de saúde da Ponte e ós veciños e veciñas”.

Conflicto urbanístico cos terreos

O PSdeG-PSOE recorda que existe un conflito urbanístico sobre os usos da actual parcela no barrio do Pino na que, logo deste planeado derrubamento, a Fundación Amancio Ortega pretende levantar unha residencia de maiores. “Instamos á Xunta de Galicia e ó Concello de Ourense a que resolvan a situación con todas as garantías xurídicas e legais necesarias”, recalcan antes de recordar que estes terreos “só se poden destinar a estación de autobuses, xa que así figura expresamente no contrato de cesión asinado no ano 1985, no que os propietarios executaban a cesión con ese fin e non para centros residenciais ou equipamento dotacional”.