Rodríguez Miranda reúnese co CRE de Venezuela para coñecer a súa visión sobre a situación da colectividade española a través dos seus representantes

IES CHAMOSO LAMAS

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse nas últimas hora cos representantes do CRE de Venezuela para coñecer a situación da colectividade española, e por tanto, da galega, así como das súas necesidades.

Miranda informoulles sobre os programas de axuda da Secretaría Xeral para os galegos do exterior, e en concreto, para os galegos de Venezuela, así como lle trasladou a necesidade de axuda na difusión dos programas da Xunta en pro da emigración e do retorno aos posibles beneficiarios . “Este contacto permanente permítenos enfocar axeitadamente os nosos programas acorde coas necesidades da xente do país”, matizou Rodríguez Miranda.

HIPER MASIDE