O Observatorio de Protocolo presenta hoxe un congreso internacional que se celebrará en Santiago en novembro

O Comité Executivo do encontro presentará a cita nunha rolda de prensa á que tamén se poderá asistir en directo por Zoom e que se celebrará ás 11.30 horas no Estudio Xacobeo da Cidade da Cultura da capital galega


 Baixo o lema “Xacobeo’21. Camiñando xuntos”, a organización pretende que Santiago non só sexa durante dous anos a capital cultural de Europa senón tamén o centro internacional dos
profesionais da organización de eventos de todo o mundo.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Observatorio Profesional de Protocolo e Eventos ( OPPE) presentará mañá martes
día 4 de maio en rolda de prensa a celebración dun congreso internacional de profesionais
do sector que terá lugar en Santiago de Compostela os días 11, 12 e 13 de novembro deste ano.

A presentación deste congreso correrá a cargo de catro membros do seu Comité
Executivo: o presidente do OPPE, Rafael Vidal (quen fose xefe de Protocolo da
Deputación da Coruña durante 44 anos); o vicepresidente do mesmo, Carlos Fonte,
tamén director do Instituto de Protocolo ISEMCO e ex xefe de Protocolo dos
Premios Princesa de Asturias (durante 33 anos), e as xefas de Protocolo da Xunta de Galicia,
Isabel Figueira Raña e do Concello de Santiago, Ana Garrido Ruso,
respectivamente. Eles darán a coñecer os grandes obxectivos do encontro, que baixo
o claim “Xacobeo’21. Camiñando xuntos”, pretende que Santiago de Compostela non
só sexa durante dous anos a capital cultural e relixiosa de Europa, senón tamén o
centro internacional dos profesionais da organización de eventos de todo o
mundo. Tamén estarán na capital galega outros membros deste Comité, entre
eles, xefes de protocolo de gobernos doutras comunidades autónomas, do Consello
de Estado, de deputacións e de grandes empresas.