O Carballiño estreará unha nova páxina web, con máis accesibilidade para o cidadán

IES CHAMOSO LAMAS

Esta mañá o concello do Carballiño acolleu a presentación da súa nova páxina web. Unha renovación que presenta maior accesibilidade e pretende fomentar a participación cidadá.

Luis Baños foi o encargo da elaboración desta páxina, e hoxe explicounos un pouco máis do seu funcionamento. A través dela amosaranse as actividades ofertadas  e lugares emblemáticos do Concello do Carballiño.

HIPER MASIDE

Co obxectivo de abrir unha nova porta de entrada ao Carballiño, poderase acceder á web dende calquera dispositivo e a diferentes áreas.

A nova páxina web facilitará que os cidadáns atopen a información necesaria para as súas solicitudes. A día de hoxe xa se pode acceder a través do enderezo www.carballino.org, e nos vindeiros días mudará á dirección rematada en .gal.

Dende o concello aseguran que esta modernización era necesaria e esperan que constitúa unha nova oportunidade para chegar a outras páxinas web como a de turismo.