Ourense repunta os casos activos e descende a ocupación da UCI ata as seis persoas

A comunidade galega rexistra hoxe 327 contaxios, un ritmo de novos positivos que ascende nesta xornada de xeito leve. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 7.812, unha cifra que descende en preto de 200 casos nas últimas 24 horas. A ocupación das camas dos hospitais por enfermos covid hoxe presenta un descenso. Do total de pacientes positivos en Galicia, 52 (-3) están en UCI e 156 (-13) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras  rexistra hoxe 54 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais soben ata os 695  casos activos,  23 casos máis ca onte. Os hospitais hoxe presentan 20 (=) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 6 (-3) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES