Galicia contén a cuarta onda cun crecemento moderado de casos activos

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 141 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 3.015, o que amosa un leve repunte aínda que controlado. A presión asistencial aumenta lixeiramente. Hoxe hai 45 (+2) persoas na UCI, e 169 (+13) ingresados nos hospitais.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada amosa un leve descenso. Hoxe hai 11 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra baixa con respecto ó pasado venres, ata os 257 casos totais, cun balance positivo. Os hospitais presentan hoxe estabilidade en coidados intensivos pero incremento en planta. Contamos con 20 (+3) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 9 (-1) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES