Triunfo de autoridade de Jacobo Senín na subida a Estrada

Jacobo Senín foi o incontestable dominador da Subida a Estrada, terceira proba puntuable para o Campionato Galego de Montaña, una carreira marcada pola intensa calor durante toda a fin de semana, o abundante público e a fluidez da proba a pesar de contar con nada menos que 75 equipos na lista de inscritos.

Senín, aos mandos da súa espectacular barqueta Nova, non deu a máis mínima opción aos seus rivais, mesmo sen completar unha das mangas oficiais logo de ser interrumpida polo accidente sen consecuencias persoais de Jorge Fernández.

AVANTAR ACTIVIDADES

Desta forma, o piloto da Escudería Estradense firmou o seu segundo triunfo consecutivo despois de vencer en A Pontenova, aventaxando en 23.9 segundos a Alexis Vieitez, aos mandos da Celtic, na que finalmente foi capaz de rodar sen problemas.

Completou o podio o piloto ourensán Abrahán Vázquez, que no Fórmula Dicode quedouse a 29.4 segundos do primeiro posto da clasificación.

O cuarto posto da táboa clasificatoria foi para Alfonso “Pisko” Ventín, un dos pilotos máis seguidos da proba pola súa conducción no Yacar Crosscar, convertíndose ademáis no primeiro clasificado da agrupación 9, reservada aos carcross.

Pechou os cinco primeiros clasificados e primeiro da modalidade de carrozados, Jorge Pérez Alonso, que no Porsche 991 GT3 non foi quen de rematar a última das mangas oficiais do domingo.

Dentro da modalidad de regularidade, triunfo para o equipo formado por Miguel Ángel e Manuel Ángel Díaz, con 15087 puntos. Acompañáronos no podio Alfonso Cabra el José Manuel Quintas e Iván López e José Antonio López.