A Subdelegación do Goberno conmemorará o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller

 A Subdelegación do Goberno en Ourense, en colaboración coa Delegación do Goberno en Galicia e co Ministerio de Igualdade, levará a cabo durante este mes diversas accións para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que se celebra en todo o mundo o día 25 de novembro.  

As actividades deste ano están condicionadas polas recomendacións sanitarias e restricións derivadas da pandemia, pero manteñen o obxectivo de poñer no debate público a prioridade de loitar contra a violencia machista en todas as súas manifestacións, protexer ás vítimas desta lacra e promover a igualdade efectiva entre mulleres e homes.

AVANTAR ACTIVIDADES

loita contra a violencia de xénero é unha das políticas prioritarias do Goberno de España, á que destinou en Galicia no que vai de ano 8,41 millóns de euros para o desenvolvemento de accións específicas de axuda, mellora da coordinación e tarefas preventivas. Así mesmo, no marco da pandemia da COVID-19 o Goberno aprobou un Plan de Continxencia específico contra a violencia machista e a trata con accións de seguridade policial, para favorecer o traballo das asociacións e con medidas de carácter económico para as vítimas.

PROGRAMACIÓN

25N a Subdelegación do Goberno en Ourense acollerá o acto central ás 12 horas, no que se procederá á lectura do manifesto e se gardará un minuto de silencio en memoria das vítimas, seguido dunha lectura poética contra a violencia de xénero en colaboración co Círculo Poético Ourensán.

Ademais, o día 25N a fachada da Subdelegación iluminarase coa cor violeta, símbolo desta reivindicación, e dende o día 16 de novembro lucirá unha pancarta reivindicativa da data.

Estas accións de visibilización complétanse co reparto nas catro provincias galegas de 5.000 carteis de sensibilización contra a violencia de xénero que se colocarán en edificios públicos, sedes de asociacións profesionais e locais sociais de diversa entidade.