NOTA DA GARDA CIVIL
Ás 23:27 horas do día 28 de xullo actual, COTA Pontevedra recibe aviso dun vehículo circulando en sentido contrario pola autovía AG-53, facéndoo pola plataforma do sentido Dozón, pero dirixíndose cara ao entroncamento coa A-52.
Ás 23:30 horas o CIAE-112 Galicia comunica a colisión frontal entre unha furgoneta mixta e un camión furgón no km 63,7, da autovía AG-53, pertencente ao TM de Piñor e PJ Carballiño (Ourense).
IMPLICADOS:
▪Furgoneta mixta, Citroën Berlingo, que circulaba en sentido contrario, resultando FALECIDA, a súa condutora e única ocupante nada no 1965, natural de Entrimo (Ourense) e domicilio en lugar de Casal, Entrimo (Ourense).
▪Camión furgón, Mercedes Benz nacido en Coruña, resultando ILESO.
Desarrollo do sinistro:
O condutor do camión refire que está convencido de que a condutora da furgoneta mixta ha buscado intencionadamente encaixarse contra o seu vehículo porque, cando circulaba polo carril dereito da calzada do sentido Dozón e, tras decatarse da presenza do vehículo que se aproximaba en sentido contrario polo seu mesmo carril, desprazouse cara ao carril de du esquerda, para evitar a colisión. Nese momento, a furgoneta fixo a mesma manobra, encaixándose frontalmente contra o seu camión quedando, ambos os vehículos, perfectamente aliñados longitudinalmente.