Ribadavia baixa hoxe os datos, ata situarse nos 65 casos activos

O Concello de Ribadavia é o que mais preocupa en canto a evolución do coronavirus na comarca do Ribeiro. A semana pasada sufría un ascenso de casos ata os 66, pero na fin de semana detectáronse dez casos máis, que hoxe baixaron nun caso ata chegar ó total de 75. Hoxe podemos volver a dicir que as cifras dan esperanza, facendo que as altas desta xornada deixen o total nos 65 casos. Aínda así, preocupa a situación tanto da residencia Nosa Señora dos Anxos coma os casos rexistrados no municipio.

Publicidade