As residencias de maiores quedan libres de coivd logo de sete meses e dúas vagas case solapadas

Na tarde de onte confirmouse a alta do último paciente contaxiado en residencias, neste caso na residencia Santa Mariña de Xinzo de Limia. Dende o mes de agosto, non se podía dar esta boa nova. Neste caso fixeron falla sete meses para estar de novo libres de covid, xa que a segunda e a terceira vaga da pandemia foron moi seguidas.

Todos estes brotes importantes, que levaron consigo numerosas vidas, foron antes de que comezara a chegar a vacina. A comezos deste ano chegaron as vacinas, en primeiro lugar as residencias que estaban libres de covid, e a día de hoxe xa están todos inmunizados cas dúas doses.

PUBLICIDADE

Publicidade Premer na Imaxe