A Xunta organiza en Ribadavia dous cursos sobre a xestión e o cumprimento de requisitos administrativos aplicables ás adegas

IES CHAMOSO LAMAS

Programados no auditorio da Casa da Cultura desta localidade ourensá, o primeiro está previsto que comece o venres 5 de novembro e o segundo o martes 9

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, ten previsto celebrar en Ribadavia dous cursos sobre a xestión e o cumprimento de requisitos administrativos aplicables ás adegas. O obxectivo é que teñan claros os procedementos propios do sector vitivinícola que lles son de aplicación para que acaden a corrección na súa preparación e presentación. 

OZOCOgz Deseño Galego

Programadas no auditorio da Casa da Cultura de Ribadavia, a primeira das accións está previsto que comece o venres 5 de novembro e a segunda o martes 9. En total, serán 10 horas de formación distribuídas en tres xornadas.

Canto ao contido do programa, recolle os requisitos relativos ás instalacións da adega, as declaracións á Consellería do Medio Rural e á Agencia Estatal de Administración Tributaria e os que teñen que ver co transporte. Tamén os relacionados cos nomes comerciais, marcas e etiquetaxe ou os da certificación de produto, entre outros.

Esta iniciativa está dirixida a calquera persoa vinculada profesionalmente ou con expectativa de incorporación aos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como aos mozos e mozas do rural galego interesados neste eido.

Os interesados poden inscribirse a través do formulario de solicitude de asistentes dispoñible en https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/formacion/formacion-continua/plan-de-formacion-2021. As solicitudes cubertas deberán ser enviadas logo ao correo electrónico formacion.agacal@xunta.gal e se precisan información adicional poderán chamar ao teléfono 881 997 279.

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, a través da formación non regrada e dentro do Plan de formación continua 2021, pretende contribuír á consecución do aumento da competitividade do sector agrícola e forestal tanto a nivel técnico como económico mediante a oferta de cursos coma este.

Cómpre lembrar que a Consellería do Medio Rural conta cun plan de accións formativas e de transferencia para este ano 2021 que pode consultarse no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas.