Luís Seara ten claro que “o impulso da economía local é un dos nosos eixos fundamentais do noso proxecto transformador e a recuperación do Rianxo e a reapertura da Praza de Abastos nº1 é para nós prioritario”.
Ourense, 13 de maio de 2023. O impulso da economía local é un dos eixos fundamentais nos que o BNG de Ourense basea o seu proxecto de Goberno de cara o vindeiro mandato. Dentro dese obxectivo, Luís Seara enmarca a necesidade de “reabrir o antes posíbel as Prazas de Abastos da Ponte e, nomeadamente, a número 1 das Burgas”.
Pero para o candidato do BNG á alcaldía do Concello de Ourense “a rehabilitación e posta en valor do Rianxo e a súa contorna é outro dos nosos proxectos estratéxicos non soamente de reactivación económica senón como reclamo turístico pois estamos diante dun modelo moi singular e moi noso”.
Vinculado ao anterior, desde o BNG enmarcan dita actuación na posta en marcha no denominado proxecto “come Ourense” que non é outra cousa que “a aposta polos produtos de proximidade e de km 0, ofrecéndolle aos produtores no Rianxo un lugar no que poder ofertar ese produtos de altísima calidade e a veciñanza en xeral a posibilidade de mercalos e desfrutar deles”.