A Xunta colabora co Irixo no impulso da venda online de produtos agroalimentarios

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participará na presentación da plataforma de venda en liña de produtos agroalimentarios impulsada polo Concello do Irixo co apoio da Xunta.

A Xunta, a través da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación apoia con máis de 47.000 esta plataforma dixital, dispoñible en mercaoirixo.gal. O alcalde do municipio, Manuel Cerdeira, explicou o funcionamento da páxina, que nun ano conseguiu máis de 200 clientes e unha facturación de preto de 60.000 euros.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Concello do Irixo é un dos beneficiarios do programa de axudas para a creación e lanzamento de plataformas de marketplace para produtos agroalimentarios no medio rural.

Así, impúlsanse accións de promoción comercial e de acceso a innovadoras canles de venda a través da creación e lanzamento de plataformas de marketplace para produtos agroalimentarios no medio rural, co fin de darlles unha proxección de venda para adaptarse á nova demanda e perfil do consumidor.