Accidente de tráfico na N-541 na zona do Paraño ( termo municipal de Boborás )

Ocorrido ás 12:00 horas de hoxe, na estrada N-541 (Ourense – Pontevedra), PK 45800, termo municipal de Boborás “Alto do Paraño”; consistente o choque entre dous turismos, atopándose un deles turismos detido por acharse o carril cortado sentido Ourense e dando paso alternativo operarios do servizo de conservación e mantemento da estrada.

Publicidade

O impacto foi tan violento que desprazou ao turismo Citroën uns 20 metros.
O condutor foi trasladado ferido, en principio leve, polo GES da localidade de Avión e a patrulla de motoristas do destacamento Tráfico de Ourense, encargouse de restablecer a circulación.