O Psdeg-Psoe empraza a Manuel Baltar a deixar de eludir a acción da xustiza con tretas dilatorias

O Psdeg-Psoe empraza a Manuel Baltar a deixar de eludir a acción da xustiza con tretas dilatorias e a asumir as responsabilidades dos seus presuntos delitos

“Reclamamos que, como máximo representante dá Deputación, obvie artimañas deste tipo ante o novo e inministe sinalamento do xuizo penal que ten pendente”, destacan os e as socialistas

AVANTAR ACTIVIDADES

“Baltar xa debería ter presentada a sua dimisión cando os feitos foron difundidos, xa que estamos ante a ocultación deliberada dunha conduta absolutamente inaceptable nunha democracia”, insisten

Ourense, 9 de maio de 2023. O PSdeG-PSOE empraza a Manuel Baltar a deixar de eludir a acción da xustiza con evidentes tretas dilatorias e a asumir inmediatamente as responsabilidades de presuntos delitos recoñecidos por el mesmo nunha carta coa súa sinatura.

Os e os socialistas ourensáns consideran “vergoñenta” a incomparecencia do presidente da Deputación Provincial ante a xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Puebla de Sanabria que instrúe o caso no que será acusado dun presunto delito contra a seguridade viaria, tras ser cazado a 215 km/h na autovía das Rías Baixas.

“Baltar debe asumir as súas responsabilidades penais, atendendo canto antes a chamada da xustiza, debido a que estamos ante unha perigosa conduta coa que puxo en risco a vida doutras persoas”, aseveran desde o PSdeG-PSOE antes de resaltar que esta “desobediencia” das súas responsabilidades empregando estratexias dilatorias é “totalmente impropia dun representante público dunha institución tan honorable como a Deputación de Ourense”.

“Reclamamos a Baltar que, como máximo representante dá Deputación, obvie artimañas deste tipo ante o novo e inministe sinalamento do xuizo penal que ten pendente”, insisten tras incidir en que estas manobras “prexudican claramente á democracia e ás institucións públicas”. “Pedímoslle que evite condutas que poidan prexudicar aínda máis a imaxe da institución e da provincia que representa ou a afectar á súa reputación e imaxe pública”.

Desde o Grupo Provincial Socialista recordan que, a marxe da decisión da xustiza ante esta evidente conduta delitiva ao volante, José Manuel Baltar xa debería ter presentada a sua dimisión cando os feitos foron difundidos por eldiario.es, xa que estamos ante a “ocultación deliberada” dunha conduta “absolutamente inaceptable nunha democracia”, conducindo temerariamente un coche oficial noutra provincia “para facer actividades que aínda non explicou un domingo”. “Confunde a deputación coa súa casa”, denuncian.