Galardón da Arenteira: “Eternamente agradecidos a Dona Maria Teresa Miras Portugal”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Acaba de deixamos Dona Maria Teresa Miras Portugal, carballiñesa de nación, profesora de profesión e científica de vocación pero, sobre todo, persoa culta, accesible, moderada, transixente, amante do diálogo, brillante e seria; é dicir, case xustamente o contrario dos modelos imperantes que vemos circular día a día nesta mediocre sociedade actual.

Dende a organización  e xurado do Galardón da Arenteira o noso fondo sentir polo seu pasamento pero, tamén, orgullosos  de que fose a primeira persoa merecente da Arenteira  no apartado de Investigación  e Cultura. Nese acto, outro ilustre persoeiro xa desaparecido, o doutor Rodríguez Míguez, lembraba no seu discurso a esta muller como exemplo de constancia, seriedade e modelo de investigadora. Falar dos méritos polos que foi premiada, xunto con outros moitos que atesouraba, resulta escusado porque, nestes días, todos os medios de comunicación xa se encargan de gabar na súa xusta medida.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO
Edición 2012 Premios Arenteira

Como ca rballiñeses comprometidos  coa nosa xente, coa súa cultura eco seu facer cotiá, a nosa gra titude polo que deixa detrás: unha vida entregada á ciencia, á familia, ós amigos, ó saber. Agradecidos,  tamén, pola súa permanente vinculación con estas terras e por levala sempre no seu corazón: “Los gallegos necesitamos las raíces en tierra húmeda, en tierra ácida. Necesitamos respirar aire con una pequeña cantidad de humedad…“, declaraba a un xornal hai algúns anos.

Para rematar, o noso sentido pesar ós seus familiares, comunidade científica e educativa e amigos, desexa ndo que a súa figura non caía no esquecemento institucional e que perdure na memoria colectiva como o dunha muller do seu tempo -incluso adiantada-  que soubo loitar con valentía polo que cría e chegar ás máis altas metas ima xinables para unha muller saída dunha vila do interior da Galicia máis deprimida, deixando unha pegada dificil de esquecer.

Acougue en paz.