Estas son as bases para participar no concurso de camisetas da Festa do Pulpo

Estas próximas semanas previas á Festa do Pulpo estarán cheas de actividades, para todas as idades. Esta semana estará centrada nos máis pequenos, ca Semana Grande para Pequenos, de luns a xoves na a Praza Maior e o venres na Praza Veracruz, en horario de 19.00 a 21.00 horas. Mañá mércores, obradoiro de maxia; o xoves, inchable e obradoiro. E o venres, para rematar, Festa da escuma.

Ademais, xa pensando na Festa do Pulpo e o tradicional concurso de camisetas, que terá lugar o sábado día 13, o concello fixo públicas as bases para poder participar, e abriu o prazo de inscrición. O deseño pode estar creado con debuxos, imaxes, tipografías ou calquera elemento, centrado este ano no Xacobeo. Haberá un único premio ao mellor deseño, dotado con 200 euros para a camiseta que máis votos reciba e o resto de camisetas que cumpran os requisitos recibirán unha compensación de 60 euros. Como requisito imprescindible deberán fotografarase no photocall un mínimo de 10 membros, o mesmo número que deberá participar no desfile posterior. O prazo de inscrición estará aberto ata o día 10 de agosto.

AVANTAR ACTIVIDADES