O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou hoxe as obras de abastecemento e saneamento que se están a levar a cabo no concello de San Amaro, nas zonas de Viñas e Casas Novas. Tras a reunión, o delegado territorial visitou as obras que se están a desenvolver grazas ás axudas concedidas pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, por importe superior aos 70.000 €.

Concretamente, a Xunta concedeu ao Concello de San Amaro unha axuda de máis de 21.000 euros para a mellora do abastecemento no municipio; e outra por importe de 49.210 euros para a conexión da rede de saneamento e depuración do lugar das Viñas á rede das Casas Novas.
O alcalde, recenetemente elixido, Fernando Redondo, agradece esta visita. Ademais, explicou máis ó detalle a necesidade desta mellora, dados os problemas que había con cortes de abastecemento.
Precisamente, como adiantaba o alcalde, tamén visitaron hoxe o centro de saúde. As instalacións presentan algunhas deficiencias que serán presentadas a través dunha memoria técnica para pedir a colaboración da Xunta en materia de financiación. O delegado da Xunta amosou a súa intención de colaboracións futuras.