O derrubo do ático da Alameda obriga a pechar a zona de xogos cuberta

O concello do Carballiño está executando o derrubo da quinta planta dun edificio que comparte a súa fachada entre a rúa Rosalía de Castro e a Alameda. Esta obra, que xa se atopa avanzada logo de máis dunha semana, débese a que a altura da construción non se axustaba á licencia. O importe da intervención ascende a preto de 27.500 euros, que deberá asumir o propietario de inmoble.

Estas obras manteñen a circulación de tráfico cortada pola parte de abaixo da Alameda, facendo que os vehículos poidan entrar pola rúa Norte. Ademais, a Policía Local precintou a zona cuberta do parque infantil, para evitar o seu uso pola posibilidade de que caesen pezas de escombro.

AVANTAR ACTIVIDADES