A ‘XXXIII Festa de Exaltación do Pan de Cea’ que se celebrou onte superou todas as expectativas de afluencia e de vendas deste produto de calidade, con arredor de 1.500 pezas distribuídas entre os asistentes. Así, tra-la exitosas Andaina Solidaria do último domingo de xuño, e da Ruta dos Fornos do pasado sábado con máis de 1.000 participantes persoas, o Campo da Saleta estivo a rebosar ao longo de toda a xornada dominical, desafiando as altas temperaturas.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde foi a encargada de ler o pregón de exaltación diante das outras autoridades presentes, como o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o da Deputación de Ourense, Luís Menor, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices; o delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo; o director da Axencia de Turismo de Galicia, José Manuel Merelles; o alcalde de Cea, Juan Luis Valladares; e o presidente de la I.X.P Pan de Cea, Juan Luís Rodríguez.
Ao mediodía tivo lugar a inauguración da exposición fotográfica “Pan de Cea” e a presentación do libro fotográfico “San Cristovo de Cea, onde o pan é Arte”, no edificio Multiusos de San Cristovo de Cea.
A continuación, máis de 400 comensais sentáronse á mesa para desfrutar do xantar tradicional con produtos galegos con indicativo de calidade, coma o queixo ou o mel, empanada, pulpo á feira e carne cocida con cachelos.
A parte musical correspondeu pola tarde aos Amigos do Acordeón Terras de Celanova e, á Orquesta Capitol para amenizar a verbena nocturna.
.









