Nota informativa do Bng de Cenlle

Nin a apertura do Centro de Saúde, nin a iluminación de Nadal, nin mellorar o deficitario servizo de auga, nin establecer unha parada de taxi ou un caixeiro. O grupo de goberno decidiu que a prioridade no último pleno era poñerlle un soldo ao alcalde que lle custará máis de 20.000€ anuais á veciñanza

Xamais un alcalde cobrara no noso concello, e parécenos un despropósito inmoral e carente de toda ética que se decida facer neste momento. Cando ademáis o grupo de goberno está composto por SETE membros, que din ser un equipo e entre os que se podería repartir o traballo. Traballo, por outra parte, que foi delegado en gran parte a outras institucións a través das múltiples transferencias de competencias do concello levadas a cabo ao longo destes anos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Isto só se pode entender como un interese por parte do alcalde de lucrarse a conta da veciñanza pola que non sinte ninguna empatía, mentres a crise demográfica, a ausencia de servizos, a pandemia e unha subida de impostos de bens inmobles afogan o noso municipio.