Sinistro vial en Cea consistente no envorco lateral esquerdo dun vehículo articulado

Ocorrido sobre as 14:00 horas de hoxe, na estrada OU-504 (Ribadavia-Cea) km 22.900, no termo municipal de San Cristovo de Cea. Por causas que están a ser investigadas polo equipo de Atestados do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense, un vehículo articulado “tráiler” que realizaba transporte de gando porcino, ao tomar a rotonda coa intención de dirixirse cara a Cea, perde o control do vehículo e envorca sobre o seu lateral esquerdo.

Transportaba 650 leitóns dos que 520 ilesos e 130 foron sacrificados debido ás lesións que presentaban.

AVANTAR ACTIVIDADES

Orixe do transporte Vilar de Lebres (Cualedro) destino explotacion gandeira de San Cristovo de Cea

Para atender este sinistro foi preciso mobilizar:

2 patrullas de motoristas e un equipo de atestados do Subsector de Tráfico da Garda Civil.

1 patrulla do SEPRONA da Garda Civil.

Retén de bombeiros Carballiño.

Servizo de conservación e mantemento da vía.

Veterinario da Xunta , que inspeccionou o estado dos animais vivos e ordenou o sacrificio dos feridos.

2 guindastres gran tonelaxe para retirada camión.

A circulación estivo regulada polas dúas patrullas de trafico, mediante paso alternativo quedando expedita a calzada e circulación normalizada ás 18.50 horas.