A Asociación de Veciños de Liñares ( Avión ) promove un velorio

Publicase hoxe no BOP a exposición publica do expediente

Promovida pola Asociación de Veciños de Liñares, estase a tramitar neste Concello de Avión unha licenza de apertura dun establecemento para dedicalo á actividade de “velorio” na localidade de Liñares, deste termo municipal.

AVANTAR ACTIVIDADES

O devandito expediente exponse ao público para que poida ser examinado na secretaría do Concello durante o prazo de 20 días hábiles, contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, así como para a presentación, no seu caso e durante o mesmo prazo, de cantas reclamacións se consideren oportunas por quen estea interesado no asunto.