O Psdeg-Psoe insta ao gobeno municipal a que se persoe no caso do 10% do aproveitamento urbanístico

O PSDEG-PSOE DE OURENSE INSTA AO GOBERNO MUNCIPAL A QUE SE PERSOE COMO PARTE PERXUDICADA NAS DILIXENCIAS PREVIAS DO “CASO DO 10% DO APROVEITAMENTO URBANÍSTICO”

Publicidade

Wilson Jones, manifesta que o Concello “debe persoarse como parte prexudicada, co fin de exercer todas as accións legais para esixir aos responsables o reintegro dos caudais malversados e a defensa do patrimonio inmobiliario dos veciños e veciñas de Ourense”

O Grupo municipal socialista defender no pleno do do vindeiro venres unha moción para reivindicar que o Concello de Ourense se persoe como parte perxudicada nas dilixencias previas proc. abreviado 3764/2014, seguidas ante o xulgado de instrución nº1 de Ourense- coñecido como o “caso do 10 %”- por haberse aprobado durante o período de 1997 a 2003 proxectos de compensación urbanística sen esixir aos propietarios (en 15 proxecto diferentes) a cesión á administración municipal da porcentaxe legal de aproveitamento urbanístico e que obtivo un prexuízo para as arcas municipais de 1.651.140,37 € tal que confirman os informes dos técnicos municipais e do Consello de Contas de Galicia.

O concelleiro socialista, Wilson Jones, manifesta que o Concello “debe persoarse nesas Dilixencias Previas como parte prexudicada, co fin de exercer todas as accións legais ao seu alcance para esixir aos responsables dos delitos investigados o reintegro ás arcas municipais dos caudais malversados para a defensa do patrimonio inmobiliario dos veciños e veciñas de Ourense”.

Os socialistas veñen advertindo destas circunstancias xa dende o ano 2004, co popular Manuel Cabezas como rexedor. Cando presentaron un escrito ante a Concellería de Urbanismo, no que se advertía que o Concello de Ourense non estaba esixindo a cesión da porcentaxe de aproveitamento en determinados instrumentos de xestión urbanística que se estaban tramitando

Durante o goberno municipal do PSdeG-PSOE e o BNG, iniciado no 2007, procedeuse á ordenación dende a Concellería de Urbanismo- coa concelleira Áurea Soto ao fronte- que, tanto en solo urbano non consolidado como en solo urbanizable, se dera cumprimento á legalidade vixente e se esixira aos propietarios a cesión da porcentaxe de aproveitamento urbanístico a favor do Concello, respectando así o principio de equidistribución de beneficios e cargas..

Actualmente, estanse a exercer as dilixencias previas no xulgado nº1 de Ourense contra o ex alcalde de Ourense, Manuel Jaime Cabezas Enríquez e o exconcelleiro de Urbanismo Ricardo Campo Labrador, por un presunto delito continuado de prevaricación en concurso, con un delito continuado de malversación de caudais públicos, exercendo a acusación tanto o Ministerio Fiscal como a exconcelleira de Urbanismo do PSdeG-PSOE Aurea E. Soto Vázquez. Delitos polos cales se solicitan para os investigados elevados anos de prisión e nos cales se entenden os danos causados ao patrimonio dos cidadáns

Arquivo ca moción