O comité clínico elimina o toque de “non queda” e amplía horarios da hostalaría e ocio nocturno

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, da unha rolda de prensa para informar dos asuntos tratados no comité clínico de Sanidade. Tamén asistirá o secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade, Alberto Fuentes Losada, a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, e o xerente do Servizo Galego de Saúde, José Flores Arias. FOTOS CONCHI PAZ

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, compareceu esta mañá logo da reunión do comité clínico na tarde de onte, na que se concordaron unha serie de medidas xa adiantadas polo presidente da Xunta.

Esta semana porase fin ó toque de “non queda” que limitaba as reunións de non convivintes nas madrugadas. A hostalería sufrirá novos cambios de alivio nas restricións que se aprobaron para ela a finais de decembro. Xa non terán a limitación horaria actual ata a 01:00 pola semana e ata a 01:30 horas na fin de semana e recuperarán o servizo de bar. Ata o 29 de xaneiro pechan á medianoite de domingo a xoves, mentres que os venres e sábados é á unha da madrugada.

AVANTAR ACTIVIDADES

Na reunión de onte tamén se analizou a situación do ocio nocturno decidindo ampliar o seu horario ó anterior ás datas de Nadal. Deste xeito, poderán abrir ata as 04:00 horas pola semana e ata as 05:00 horas na fin de semana. Poderán volver a celebrarse concertos e espectáculos, con público de pe e con máscara.

En canto ó certificado covid, seguirá estando en vigor como ata o de agora, xa que o consideran clave para favorecer a vacinación entre a poboación.