Crece o último brote do Carballiño ata os 12 positivos, acumulando 23 na comarca

O concello do Carballiño emitía un comunicado no que informaba deste brote que a día de hoxe aumentou nun caso mais, o que fai un total de doce infectados.

Así mesmo, pedían máxima precaución e mantemento das medidas sanitarias e comunicaban que a Policía Local está alertada desta circunstancia, e que intensifica a vixilancia para colaborar coas autoridades sanitarias no control deste brote e na aplicación das medidas de prevención en todo o termo municipal.

AVANTAR ACTIVIDADES

Este último brote ten orixe nunha xuntanza de amigos entre os 32 e 68 anos. Todos eles en illamento e a seguimento domiciliario. Mantense activo o rastreo de contactos.

O servizo de atención primaria da área do Carballiño mantén agora o seguimento de 23 casos de coronavirus.

Deles dous son de San Amaro xa que así o informaba onte o propio concello nunha publicación en redes sociais na que comunicaba estes dous casos confirmados de coronavirus no municipio. Os dous pacientes atópanse en seguimento domiciliario sen síntomas de gravidade. No mesmo comunicado o concello prega responsabilidade e cumprimento das medidas hixienico-sanitarias a tódolos veciños. A pasada semana o concello anunciou que retomaba os traballos de desinfección dos lugares mais concurridos da vila.  

Hai que engadir os dous casos do concello de Cea que pertence ao servizo de atención primaria de Coles.

O RIBEIRO

O concello de Avión mantén activo un brote de 4 casos confirmados con nexo familiar, que afecta un home de 47 anos, unha muller de 31 e dous menores. Todos eles en illamento e seguimento desde o seu Centro de Saúde. Mantense activo o seguimento de contactos. Rogan por iso extremar as debidas precaucións. Ante calquera síntoma da enfermidade piden non saír da casa e chamar ao: Centro de Saúde 988 48 60 27.

Na comarca do Ribeiro temos coñecemento de 15 casos; 8 de 2 brotes no concello de Avión, 3 casos no concello de Melón, 4 mais no concello de Cortegada.