Os comuneros de Cristimil y A Torre, contan cunha sentencia en firme dende o ano pasado que lles outorga a propiedade da parcela onde está construído o Centro da Interpretación da Cultura Castrexa de San Cibrán de Lás. Ante a que aseguran que é unha negativa da Xunta de Galicia para negociar con eles o pago dun canon anual polo uso deses terreos, presentaron unha denuncia de expropiación ante o xulgado. Aseguran que non querer seguir con esta situación máis tempo, e que se non queren chegar a un acordo, que fagan unha expropiación.
O presidente do comunal, Madoesto Rodríguez, asegura que dende a Xunta queren pagar un euro por metro cadrado, e aseguran que o valor catastral é de 678.000 euros totais, polo que non aceptan esta transacción.
Outro dos problemas que sinalan é que, dende que a xustiza lles deu a razón, o rexistro da propiedade non tramita a documentación ó seu nome.