O Novo Cine de Leiro repite carteleira con tres filmes para todas as idades

IES CHAMOSO LAMAS

O Novo Cine de Leiro actualiza a súa carteleira para esta próxima fin de semana. Repiten os tres filmes da pasada semana. Por unha banda, “Lilo, mi amigo el cocodrilo”, que se poderá ver o venres, sábado e domingo ás 16:00 horas.

Por outra banda, “Black Adam”, filme de aventuras protagonizado por La Roca, que se poderá ver o venres, sábado e domingo ás 18:00 horas.

OZOCOgz Deseño Galego

E por último, “Los renglones torcidos de Dios”; Alice, unha investigadora privada, está ingresada nun hospital psiquiátrico finxindo paranoia. O seu obxectivo é recoller probas sobre o caso no que traballa: a morte dun preso en circunstancias pouco claras. Poderase ver o venres, sábado e domingo ás 20:15 horas.