A primeira actividade programadas para esta edición do FETEGA será un obradoiro de escrita dramática, que se celebrará os días 21 e 28 de agosto máis un día a convir entre a organización e o alumnado.

A encargada de impartilo será Avelina Pérez e a actividade ten o nome de “Traspasar os lindes con/desde/sobre o desexo”. Este curso celebrarase na Sala Virtual do FETEGA e terá un custo de 50 euros. Para poder participar nesta actividade será necesaria inscripción previa no correo electrónico festivaldoteatrogalego@gmail.com e o aforo estará limitado a 12 persoas. A aceptación destas inscripcións farase por orde de ingreso do importe da inscripción.

Para este obradoiro quedan moi poucas plazas e a organización recomenda ós interesados que se dean prisa en anotarse.

Ademáis, para o obradoiro de “Adestramento actoral sobre o institno, o mental e o emocional”, impartido por Fernando Tato, xa non quedan prazas dispoñibles, só 4 para acudir coma ouvinte. Celebrarase o mércores 26 e o xoves 27, de 10:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 20:00 horas.