A alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez, mantivo un encontro coa empresa que executou a obra do Novo Campo do Xestal co obxectivo de buscar posibles solucións á mala situación na que se encontra o campo de herba sintética.
O obxectivo prioritario do goberno municipal aseguran que é lograr resolver un agravio nestas instalacións e que afirman que o anterior goberno non puido solucionar.
Afirman dende o consistorio que esgotarán todas as vías para solucionar o problema e recuperar a súa utilidade.
PUBLICIDADE