O Psdeg de Ourense esixe máxima información e transparencia a respecto das últimas noticias sobre o Cob

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O psdeg-psoe de Ourense esixe máxima información e transparencia por parte do consello municipal de deportes a respecto das últimas noticias sobre o Cob

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Os socialistas denuncian que o alcalde dea a calada por resposta nun
tema que é plenamente responsabilidade súa, e reclaman que na
próxima reunión do CMD se achegue toda a información relevante
Lamentan a imaxe que está a proxectar unha entidade deportiva
emblemática e apunta á responsabilidade de Jácome, para quen “o
COB só foi un xoguete que quería manipular ao seu antollo”
Ourense, 21 de xullo de 2022. O PSdeG-PSOE de Ourense amosa a súa
“seria preocupación” polas últimas noticias que circulan nos medios de
comunicación a respecto da falta de directiva no Club Ourense Baloncesto SAD
e reclaman a máxima información e transparencia por parte do Consello
Municipal de Deportes.
“Vimos de solicitar información en relación a esta cuestión no Consello
Municipal de Deportes, mais atopámonos con que o alcalde se coloca de perfil e
dá a calada por resposta nun tema que é plenamente responsabilidade súa,
mentres o concelleiro de Deportes, Mario Guede, é incapaz de informarnos
debidamente”, sinalan Wilson Jones e Borja López, quen advirten que “non
vamos tolerar que o alcalde actúe de comisionista e logo se lave as mans”.
“Gonzalo Jácome trouxo da man ao Grupo Hereda como salvador para
revitalizar o club cobista e agora Pedro Fernández dimite como conselleiro
argumentando que o traicionaron” abundou o concelleiro Jones, quen lamentou
a imaxe que está a proxectar unha entidade deportiva emblemática pola pésima
xestión dun alcalde-empresario para quen “o COB só foi un xoguete que quería
manipular ao seu antollo”.
Así as cousas, dende as filas socialistas reclaman que os grupos da oposición, e
por extensión, a veciñanza de Ourense, sexan debidamente informados das
circunstancias nas que se atopa actualmente o club na próxima reunión do
Consello Municipal de Deportes. “O COB, coma outros clubs, vén sendo
beneficiario de subvencións públicas outorgadas dende o Concello, o que fai
aínda máis necesaria esa transparencia total”, advirten.
Por último, os socialistas salientan que, de non conseguir toda a información
solicitada través do CMD a vindeira semana, emprenderán accións conducentes
a obtela por outras vías.