O BNG presenta por vía de urxencia unha moción relativa á caótica situación na que se atopa a zona histórica, consecuencia da baixada dos bolardos que controlaban o acceso.

Publicidade ASPADISI

Os nacionalistas  pedirán que o Concello de Ourense restaure o sistema de control de acceso de vehículos á zona histórica mentres non se licite outra alternativa.

 O Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense rexistrou esta mañá por vía de urxencia unha moción, que, de ser admitida mañá polo resto de grupos da corporación, debatirá sobre a situación caótica na que se atopa actualmente a zona histórica de Ourense como consecuencia da eliminación do sistema de control de accesos.

HIPER MASIDE

Desde que fai aproximadamente un ano, o alcalde decidise prescindir do sistema de bolardos sen por en marcha ningún sistema alternativo, a situación de caos na que a circulación de vehículos se refire nesta zona da cidade vai en aumento, chegando a producirse mesmo incidentes relacionados coa seguiridade vial.

Segundo os nacionalistas, o actual rexedor “fala moito dos coches e das carrocerías, pero pouco das persoas e da seguridade das mesmas. A súa prioridade deberían ser as persoas e a súa seguridade. A eliminación do control de acceso de vehículos á zona histórica está a favorecer as condicións para que haxa atropelos. De feito nos últimos días houbo incidentes, sen consecuencias, mais houbo incidentes”.

Desde o BNG denuncian ademáis que “a maior parte das rúas da zona histórica non teñen beirarrúas, dende os portais e portas de comercios accédese directamente á calzada por onde os vehículos campan as súas anchas. Non se respecta o acceso, non se respecta o límite de velocidade, non se respectan os sentidos de circulación, non se respecta a prohibición de estacionamento. As zonas de saída e entrada dos centros de ensino da zona histórica están a converterse en zonas de alto risco de atropelo”.

E inciden, “O alcalde podería ter agardado a licitar o novo sistema de acceso a zona histórica para desactivar os bolardos, pois o actual está en precario, mais preferiu comezar a casa polo tellado”.

Por todos estes motivos solicitarán o apoio do resto da corporación para instar ao Goberno Local a restaurar o sistema de control de acceso de vehículos á zona histórica da cidade mentres non se licite outra alternativa. Instar ao Goberno Local a licitación dun sistema de control de acceso de vehículos á zona histórica coa maior celeridade posíbel. E por último instar ao Goberno Local para que desde a Policía Local se fagan de xeito periódico vixilancias do acceso de vehículos á zona histórica da cidade.